• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Ley 6/2017 sobre reformas urxentes do traballo autónomo

Data de escritura

No Boletín Oficial do Estado número 257 do 25 de outubro de 2017 sae publicada a Lei de Reforma Urxente do Traballo Autónomo. Dita Lei inclúe melloras no Traballo dos Autónomos.

Algunhas das melloras introducidas son:

  • Extensión da cota reducida para os autónomos que emprendan ou reemprendan unha actividade por conta propia.
  • Medidas para favorecer a conciliación entre a vida familiar e laboral dos traballadores autónomos.
  • Mellora na fiscalidade dos traballadores autónomos: Deducibilidade no IRPF dos gastos de subministros da vivenda parcialmente afecta á actividade económica e dos gastos de manutención no que incorren no desenvolvemento da actividade.
  • Bonificacións pola contratación de familiares do traballador autónomo.
  • Encadramento na Seguridade Social dos fillos do traballador autónomo: Se poderán contratar, como traballadores por conta allea, ós fillos menores de 30 anos, ainda que convivan con eles.
  • Nas bonificacións por altas de familiares colaboradores de traballadores autónomos inclúense o cónxuxe, familiares de traballadores autónomos por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao e, tamén, as parellas de feito.

A entrada en vigor da maioría das modificacións é o 1 de xaneiro de 2018.