• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Envoltas pola economía social

Data de escritura

Mais de 300 000 persoas viven da economía social en Galicia, así que é imposible que non te atopes con ela a cada paso.

Apoiar este tipo de economía supón fomentar un modelo ligado ao territorio a nivel social e ecolóxico, que busca xerar unha práctica económica alternativa e solidaria, desde a produción ao financiamento, pasando polo comercio e o consumo. O seu avance é imparable, por iso cómpre falar dela con propiedade e tomar consciencia das nosas decisións como persoas consumidoras. Estou a consumir un produto froito da economía social? Estou a gozar dun servizo creado por ela? Apostar polas empresas que se definen polos seus criterios sociais e ambientais, que promoven a sustentabilidade e buscan outras opcións de consumo que empoderen o consumidor é o primeiro chanzo da escaleira cara a unha transformación social que porá no centro ás persoas.