26 de Novembro, Richard Stallman na Galicia Maker Faire
Data de escritura
Coñecido como o “pai do software libre”, Richard Stallman ofrecerá unha charla dentro da programación da Galicia Maker Faire.

A charla de Richard Stallman será un dos pratos fortes desta terceira edición da Galicia Maker Faire, que ademais contará con numerosas actividades de divulgación e entretemento orientadas a tódolos públicos e disciplinas: obradoiros de innovación e creatividade, campionatos de drons, robótica, actuacións interactivas e moito máis.