• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

¿Economía circular? ... Xa se facía nas aldeas

Data de escritura

A economía cíclica, a democracia directa, a xestión colectiva dos bens comúns... moitas das ferramentas dos novos movementos sociais teñen a súa orixe no mundo rural. O que hoxe chamamos economía cíclica ou circular fai miles de anos que a inventaron as comunidades campesiñas. Vémolo claramente na xestión das unidades produtivas, que integraban agricultura e gandería e pechaban os ciclos enerxéticos. 

Mentres na gandería industrial as deposicións dos animais son un problema difícil de xestionar, na leira é o ingrediente máxico para devolver fertilidade á terra. Mentres nunha cidade prodúcese unha cantidade inxente de malgasto alimentario, gran parte do cal acaba en vertedoiros, os lixos dun fogar campesiño alimentan ao gando ou, ben compactadas, enriquecerán o chan onde crecerán as verduras no próximo ciclo agrario.