Extracto da R. do 23/12/2020 aproban bases reguladoras das axudas ás agrupacións empresariais innovadoras emerxentes , concorrencia competitiva
( DOG Nº 16 do 26/01/2021 )
Poderán ser beneficiarias as agrupacións empresariais innovadoras emerxentes galegas (clústeres emerxentes) que cumpran as seguintes condicións:
a) Que creasen unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro que xestione a agrupación clúster, cunha antigüidade inferior a dous anos respecto da data de solicitude da axuda, e domicilio social en Galicia.