- Resolución das axudas ao comercio, á hostalería e ao sector cultural
- O Concello aproba a convocatoria de axudas ao comercio, á hostalería e ao sector cultural
- Aprobadas as bases do concurso de escaparates de Nadal 2020
- Os comerciantes terán ata o día 15 de decembro para solicitar as axudas destinadas a financiar o gasto corrente
- O Mercado de Nadal de Carreira do Conde abrirá o vindeiro venres 4 de decembro ás 17:00 horas
Resolución das axudas ao comercio, á hostalería e ao sector cultural
22/12/2020
Hoxe, día 22 de decembro, publícase a resolución da Alcaldía pola que se require a subsanacións de deficiencias e achega de documentación das solicitudes presentadas nas convocatorias de axudas para o rescate da hostelería e restauración, comercio e sector cultural afectado pola covid-19, anualidade 2020. O prazo remata o día 30 de decembro
Ler máisO Concello aproba a convocatoria de axudas ao comercio, á hostalería e ao sector cultural

07/12/2020
En Xunta de Goberno local extraordinaria, o Concello de Santiago vén de aprobar as bases que rexen as convocatorias das axudas aos sectores máis afectados polas medidas postas en marcha para conter a pandemia (o comercio, a hostalería e o sector da cultura), dentro do segundo plan de reactivación económica Compostela 2020
Ler máisAprobadas as bases do concurso de escaparates de Nadal 2020

01/12/2020
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, aprobou as as bases do "Concurso de escaparates de Nadal 2020" que convoca o Departamento de Comercio do Concello de Santiago de Compostela, así como os gasto dos premios que ascenden a 11.000 euros. Establécense dous tipos de premios, os do xurado e os do público.
Ler máisOs comerciantes terán ata o día 15 de decembro para solicitar as axudas destinadas a financiar o gasto corrente

01/12/2020
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá unha xuntanza coas asociacións de comerciantes Compostela Monumental, Fundación Santiago Centro, Em-Rede e Comercio Punto Compostela co obxectivo de "preparar a convocatoria da primeira axuda de 600.000 euros" destinada a financiar o gasto corrente dos negocios que se acollan a ela.
Ler máisO Mercado de Nadal de Carreira do Conde abrirá o vindeiro venres 4 de decembro ás 17:00 horas

28/11/2020
Permanecerá aberto ata o 5 de xaneiro en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30 horas; estará pechado os días 24 e 25 de decembro e 1 de xaneiro; e só abrirá pola mañá o día 31 de decembro. Como novidade, nas últimas dúas quendas este ano o Mercado esténdese tamén a Área Central, polo que a opción será dobre entre os días 26 de decembro e 5 de xaneiro.
Ler máisESCAPARATE
O escaparate empresarial nace coa vocación de ser un espazo onde o mundo empresarial de Compostela pode compartir a súa oferta de bens e servizos, pero tamén accións e novidades de carácter temporal: promocións, eventos, lanzamentos de novas liñas de negocio ...
Comparte a túa oferta empresarial dun xeito sinxelo e beneficiate de acción de promoción a través desta web e dos perfís en redes sociais do CERSIA Empresa.
A través do Escaparate Empresarial tamén poderás coñecer mellor ás empresas do teu entorno máis próximo, e atopar así posibles clientes e provedores.
Para participar no Escaparate Empresarial a túa empresa debe ter cando menos unha sede física de actividade no Concello de Santiago. Se representas a unha empresa de fóra de Santiago que está pensando en organizar un evento, feira, congreso ou outro tipo de acción dirixida ao público empresarial ou profesionais liberais, podes contactar con cersia@santiagodecompostela.gal e indicarémosche de xeito personalizado a mellor forma de promocionar a túa acción no noso Concello.
Listado de empresas