Plan de formación para o sector da hostalería no Concello de Santiago de Compostela
Adaptación ao Regulamento Verifactu (RD 1007/2023), Implantación APPCC e Prevención
do Desperdicio Alimentario
A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude estase a tramitar o expediente para a adxudicación por contrato menor da prestación do Contrato menor plan de formación para o sector da hostelería para a súa adaptación ao regulamento Verifactu aprobado por Real Decreto 1007/2023, Mellorara calidade e seguridade alimentaria no sector hostaleiro mediante a implantación do sistema APPCC e Contribuír ao cumprimento da Lei de prevención das perdas e o desperdicio alimentario .
Esta actividade realizase no marco do programa municipal Feito en Santiago, e da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela
Este actividade ten por obxecto a realización dun plan de formación especializado dirixido ao sector hostaleiro de Santiago de Compostela, co fin de:
- Facilitar a adaptación ao Regulamento Veri factu aprobado polo RD 1007/2023.
- Mellorar a calidade e seguridade alimentaria mediante a implantación do sistema APPCC.
- Contribuír ao cumprimento da Lei de prevención das perdas e o desperdicio alimentario.
PLAN FORMATIVO
- Lugar: CERSIA Empresa
- Días: 10, 11, 17, 18 de novembro de 2025, en xornadas de maña e tarde
1. Formación Verifactu Facturación electrónica obrigatoria (RD 1007/2023)
Contidos:
Introdución ao Real Decreto 1007/2023 e obrigas das empresas
Presentación da plataforma Verifactu e guía de uso paso a paso
Adaptación dos sistemas actuais ao novo modelo de facturación
Ventaxes da facturación electrónica: redución de erros, axilidade fiscal, maior
transparencia
Demostración práctica e resolución de dúbidas
Entrega de manuais impresos e infografías paso a paso
2. Formación personalizada sobre calidade e seguridade alimentaria (APPCC + Lei
desperdicio)
Contidos:
Diagnóstico inicial do local en materia de hixiene e seguridade alimentaria
Revisión e/ou implantación do sistema APPCC: análise de perigos, puntos críticos,
rexistros obrigatorios
Cumprimento da nova Lei de prevención do desperdicio alimentario
Propostas de boas prácticas sostibles: uso de produtos de proximidade, cociña de
aproveitamento
Plan de mellora e entrega dun informe con medidas e recomendacións concretas para cada
negocio
Acompañamento posterior vía email ou telefónica para seguimento durante 30 días
É preciso inscrición no formulario da asociación de hostelerios
Dirixido ao sector hostaleiro de Santiago de Compostela,
Persoa traballadora ou propietaria dun centro de hostelería, con cando menos, un centro de actividade en Santiago de Compostela