O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado de Ana Olveira, presidenta de EspazoCoop, presentou esta mañá o proxecto Roteiro Cooperativo, unha iniciativa que pretende dar a coñecer o traballo das cooperativas da cidade a través de 4 quendas organizadas nos meses de xullo, setembro e novembro
A Xunta de Goberno local deu luz verde ao II Plan de Contratación, que inclúe 150 contratos cun valor estimado total de 683.937.482,12 euros. Foi un dos asuntos máis destacados da primeira sesión ordinaria do mes de xullo, na que tamén se aprobou o expediente para a realización das obras de reacondicionamento da plataforma da marquesiña de Xoán XXIII.
O CSC do Ensanche, o Rexistro de Galeras e a Concellería de Medio Rural contan desde hoxe con cadanseu equipo que permitirá a toda aquela persoa que o precise, contactar con persoal do Concello que lle guiará ou actuará como representante do cidadán ante calquera trámite que queira realizar.
O polo Sionlla BioTech, que captará empresas biotecnolóxicas, posibilitará seguir adiante cos logros do proxecto europeo Spin Up, liderado por Uninova, e que celebrou onte a súa xornada de peche. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reiterou a necesidade de "traballar entre todos para que os mozos aposten pola posta en marcha iniciativas emprendedoras vinculadas á biotecnoloxía".
Onte xoves tivo lugar no municipio de Roa (Burgos), a Asemblea Xeral de REDEL, a Rede de Entidades de Desenvolvemento Local, da que forma parte o Concello de Santiago a través da Oficina de Promoción Económica. O encontro contou coa participación de case a totalidade das 31 entidades asociadas a REDEL así como do Ayuntamiento de Fuenlabrada e a Diputació de Castelló, cuxa incorporación á rede foi aprobada durante a reunión.
As xornadas contaron con máis de 10.000 visitantes e nelas premiáronse 20 proxectos e makers. Durante o evento, máis de 200 persoas realizaron as súas achegas á Axenda Urbana 2030 a través do punto de información habilitado polo Concello.
O manifesto, que foi presentado pola ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, repasa os valores e principios que rexen este modelo económico, que busca xerar emprego estable e ancorado ao territorio. Durante o acto, o alcalde de Santiago salientou o lanzamento dunha liña de axudas directas por parte do Concello dirixidas a este secto e agradeceu novamente á ministra a declaración de Santiago como capital da Economía Social 2022. No acto tamén se distinguiu a dous dos máximos expoñentes da Economía Social galega: o pioneiro do cooperativismo José Montes e o presidente de CEGASAL, José Antonio Vázquez.
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asisitiu esta mañá, xunto ao presidente provincial, Valentín González Formoso; á alcaldesa da Coruña, Inés Rey; e numerosos rexedores da zona, á inauguración do novo centro "Next Deputación", o primeiro centro de Galicia creado especificamente para dar apoio aos municipios na captación e xestión de proxectos susceptibles de ser financiados con fondos Next Generation da UE.
A Xunta de Goberno Local acordou aprobar inicialmente o "Plan especial de infraestruturas e dotacións" na parcela de equipamento IA-8 para a implantación da plataforma loxística de Mallou, formulado de oficio polo Concello de Santiago. Segundo informou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa, a localización, xunto á rotonda de Meixonfrío, entre a Av. de Asturias e a Av. da Coruña, é a máis idónea, para "o funcionamento operativo do servizo", que permite establecer un novo modelo de reparto de mercadorías, de cero emisións, e respectuoso co patrimonio histórico.
O Edificio Emprendia (Campus Vida) acolleu esta mañá o segundo CaféCon, unha xornada de networking dirixida ás iniciativas participantes e aos socios de SPIN_UP, proxecto de cooperación transnacional Galicia-Norte de Portugal que pretende fomentar o desenvolvemento empresarial e apoiar o emprendemento universitario neses territorios.