• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Plan integral de dinamización e recuperación de montes de coníferas e de promoción do consumo de madeira de Galicia

A Cidade da Cultura acolle o vindeiro martes, 24 de outubro, a Xornada “Plan Integral de dinamización e recuperación de montes de coníferas e de promoción do consumo de madeira de Galicia”. No marco desta cita asinarase un acordo para o impulso do piñeiro en Galicia. Este convenio compromete, libre e voluntariamente, a desenvolver un plan de traballo que persegue, fundamentalmente, tres obxectivos: recuperar a superficie dedicada a coníferas en Galicia; mellorar as masas existentes e promover o consumo de madeira de conífera galega.  Terá lugar no Auditorio 1 do Edificio CINC na Cidade da Cultura e comezará ás 10:15 horas

PROGRAMA:

10.15 h Acto de sinatura do convenio

11.00 h Intervencións

A situación das coníferas en Galicia

Juan Picos, director da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo.

Importancia ecolóxica e cultural dos piñeirais

Antonio Rigueiro Rodríguez, catedrático de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela.

Reverdecer desde as cinzas. Reconstrución de vivenda rural

Juanjo Otero, MOL Arquitectura.

A madeira de piñeiro como material sostible. Visión do consumidor final

Julio Rodriguez, director tenda de Leroy Merlin.

12.00 h Presentación do Plan e do Convenio sectorial

José Carballo García, conselleiro de Financiera Maderera S.A.

Francisco Dans del Valle, director da Asociación Forestal de Galicia

12.30 h Clausura

José González Vázquez, conselleiro do Medio Rural da Xunta de Galicia

Francisco Conde López, conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia

13.00 h Viño galego

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición