pROBA
No novo contexto internacional provocado polo COVID-19 é preciso seguir a traballar todas e todos xuntos, xa que a saída final a esta situación terá que vir desde o traballo en equipo e a unidade. Por este motivo, a Xunta de Galicia promove a máxima coordinación cos axentes económicos e sociais.
Para seguir trasladando toda a información e os apoios dos que dispoñe para facer fronte a esta nova realidade, vén de poñer en marcha unha aplicación móbil (App), a través da plataforma Gohu, que facilitará estar máis preto do tecido empresarial e de todos os axentes que conforman o mercado laboral galego. Con esta iniciativa preténdese que poidan estar informados/as en todo momento das novidades que se produzan.
A aplicación pon á disposición dos usuarios, de maneira totalmente gratuíta, información de todas as axudas e as principais normativas e circulares vinculadas á problemática do coronavirus que a Xunta ten aprobado, e que que se verán implementadas en próximas datas con novas iniciativas nas que se está a traballar. De igual xeito, a través da plataforma tamén se ofrece información das principais novidades trasladadas desde a Administración Xeral do Estado. Con ela, poderán estar puntualmente informado/a e coñecer en tempo real as medidas económicas e laborais impulsadas desde as Administracións.
Se está interesado/a en darse de alta nesta nova aplicación informativa que poñemos a súa disposición, só ten que:
1. Descargar a app para dispositivos móbiles:
Ligazón para iOS: https://apps.apple.com/es/app/gohu/id1458130660
Ligazón para androide: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.nedaware.postall
Ambas ligazóns están disponibles ademais na páxina web: www.gohu.es
2. Unha vez instalada será necesario CREAR USUARIO, opción situada na parte superior de la pantalla:
A plataforma pediralle:
- nome completo (nome e apelidos) da persoa que realiza o rexistro
- DNI / NIE da persoa que realiza o registro
- data de validez do DNI: está situada na parte frontal do DNI
- DÍXITO DE SEGURIDADE: un único díxito situado a beira das letras ESP da parte posterior do DNI
Se todo é correcto, activarse a opción SEGUINTE:
- teléfono no que desexa recibir as notificacións
- contrasinal: contrasinal que desexa establecer para acceder á aplicación
- aceptar a opción de “recibir notificacións da Xunta de Galicia”
- aceptar a política de privacidade que garante que non se fará uso ilícito dos datos nin se cederán a terceiros sen o seu consentimento.
3. REMATADO O REXISTRO xa poderá acceder á plataforma.
Importante: é necesario que o usuario dea de alta un enderezo postal na plataforma para poder recibir notificacións:
- no menú principal seleccionar a opción : DOMICILIOS
- engadir a dirección postal: provincia, código postal, poboación, rúa, número, piso...
Realizados estes pasos xa comezará a recibir as notificacións de maneira automática.
Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto coa Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Emprego, no número de teléfono 665 919 781 ou ben a través do seguinte correo electrónico: hola@gohu.es.