• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Financiamento extraordinario de proxectos de investigación sobre o COVID-19

Espérase recibir propostas en formato de expresión de interese que promovan o coñecemento sobre o SARS-CoV-2 e a enfermidade CoVid19 así como o seu impacto nas persoas infectadas, co obxectivo de contribuír a un tratamento eficiente do paciente e/ou preparación e resposta de saúde pública. 

As propostas deben ser adecuadas á situación de urxencia e, por tanto, que permitan unha implementación e posta en marcha inmediata no Sistema Nacional de Saúde, con resultados concretos, temperáns e aplicables á situación actual.

Financiamento: A contía desta convocatoria é de 24.000.000 euros, susceptible de incremento. A concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Presentación de propostas: Os interesados presentarán as propostas mediante correo electrónico á dirección: covid19@ isciii.es utilizando o persoal que se poderán descargar desde a páxina web do Instituto de Saúde Carlos III (www.isciii.es).

Prazo: O prazo para a presentación de propostas comezará o 19 de marzo de 2020 e manterase aberto ata a extinción do fondo destinado a COVID19 que será obxecto de comunicación.