Devolución de gastos e concesión de axudas por cancelación de actividades de promoción internacional
Habilítase a ICEX España Exportación e Investimentos para a devolución das cotas pagas para a participación nas feiras, ou outras actividades de promoción de comercio internacional convocadas pola entidade.
- Habilítase a ICEX España Exportación e Investimentos para a devolución ás empresas que incorresen en gastos non recuperables nesta ou futuras edicións, das cotas pagas para a participación nas feiras, ou outras actividades de promoción de comercio internacional, que fosen convocadas pola entidade, cando estas sexan canceladas, gravemente afectadas ou aprazadas polo organizador como consecuencia do COVID 19. No suposto de aprazamento a empresa deberá xustificar motivadamente a súa imposibilidade de acudir á nova edición.
- Habilítase a conceder e pagar axudas ás empresas que fosen participar nos eventos internacionais organizados a través das entidades colaboradoras de ICEX e ás propias entidades colaboradoras, en función dos gastos incorridos non recuperables nesta ou futuras edicións, cando as actividades sexan canceladas como consecuencia do COVID 19.