Apoio financeiro a novas empresas innovadoras
Apoio financeiro a startups/ scaleups que poidan contribuír a paliar os efectos económicos e sociais do COVID-19 en España.
Contribuír á recuperación económica e social do país ante a crise provocada pola pandemia do coronavirus, financiando e/ou apoiando a startups/ scaleups con proxectos innovadores para que poidan poñelos en marcha de forma inmediata.
Poñerase ao dispor dos proxectos seleccionados todas as ferramentas de apoio (piloto, comercialización…), financiamento (investimento, préstamo, etc.) e aceleración das corporacións promotoras para emprendedores e startups/ scaleups. Estes aplicaranse en función das necesidades concretas expostas polas startups/ scaleups e dos modelos de innovación, programas e políticas das corporacións promotoras.
Entre 100.000 – 3.000.000 € é o apoio medio por proxecto (podería ser menor) que as corporacións estiman que poderían achegar a cada startup/ scaleup seleccionada. As corporacións promotoras comprométense a apoiar cada unha polo menos a un proxecto dos presentados, de forma individual ou conxunta, segundo as súas áreas de interese, e poñen as súas ferramentas de financiamento, apoio e aceleración ao servizo dos proxectos recibidos. O apoio financeiro e/ou de negocio será ad- hoc para cada proxecto.
Dirixido a startups/ scaleups con solucións e/ou proxectos innovadores de negocio con posibilidade de poñerse en marcha de forma inmediata e desenvolverse e implantarse no prazo máximo dun ano, nos ámbitos da enerxía, sustentabilidade ambiental, mobilidade, impacto social, dixitalización, telecomunicación e 4.0. e que poidan contribuír a paliar os efectos económicos e sociais do COVID-19 en España.