Charlas en liña gratuítas para o comercio e o empresariado de Santiago
Compostela Monumental e o Centro Demostrador Tic de Galicia levan a cabo esta semana charlas en liña gratuítas para o comercio e o empresariado de Santiago.
Celebraranse en vídeo remoto polas mañás e os interesados poderán apuntarse en: www.cdtic.xunta.gal
A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental, en colaboración co Centro Demostrador TIC de Galicia, ente público pertencente á Xunta de Galicia (AMTEGA), quere informar da posta en marcha, de forma gratuíta todos os días desta semana desde este martes, charlas EN LIÑA específicas para o sector comercial e empresarial nestes momentos de confinamento por motivo do COVID 19.
O calendario programado é o seguinte:
Martes 5 de maio: "Inmersos no teletraballo. Estamos ao facer ben?" Stratesys. De 11:00 horas a 11:45 horas. Máis información e inscripcións
Mércores 6 de maio: "Protexe a túa empresa. Ciberseguridad para pemes e autónomos". De 10:00 horas a 10:45 horas. Máis información e inscripcións
Venres 8 de maio: "DBarrio, a túa compra a domicilio desde o comercio local". De 10:00 horas a 10:45 horas. Máis información e inscripcións