Ampliación prazo solicitude das convocatorias abertas conxuntas Educación-Economía
Resólvese a continuación da tramitación do procedemento de concesión de subvencións dos procedementos que se relacionan.
a) Os procedementos ED481A e IN606A do Programa de apoio á etapa predoutoral, en fase de tramitación e resolución, regulados pola Orde do 20 de decembro de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do Sistema universitario de Galicia polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2020, publicada no DOG número 25, do 6 de febreiro de 2020.
b) Os procedementos ED431C, IN607A, ED431B, IN607B, ED431F e IN607D do Programa de consolidación, en fase de presentación de solicitudes, regulados pola Orde do 31 de decembro de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2020, publicada no DOG número 32, do 17 de febreiro de 2020.