• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Taller online de preparación de propostas ás axudas do European Research Council (ERC)

Data: 22 de xuño de 2020

Hora: de 10:00 h a 12:30 h

Prazo de inscrición: ata o 18 de xuño ás 13 h

Oportunius ofrece, entre outras actuacións, asesoramento na preparación e revisión de propostas, así como orientación na redacción e presentación das candidaturas, servizos dispoñibles a través da web de GAIN. Ademais, organiza periodicamente talleres prácticos de preparación de propostas.

O 22 de xuño celebrarase unha nova edición deste taller enfocado ás convocatorias 2020 do ERC, nomeadamente Advanced Grant, baixo a modalidade de formación online debido á situación actual provocada polo coronavirus Covid-19. No taller participará Graciela Garrido, da empresa ECONET, con longa experiencia na preparación e asesoramento de candidaturas ao ERC.

Data fin do prazo de Inscrición