• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

III Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) invita a todos os axentes do ecosistema do deseño galego ao III Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial, que se celebra en formato virtual o vindeiro 29 de xuño, con motivo do Día Mundial do Deseño Industrial.

Con este evento, que se desenvolverá en horario de mañá ao longo de 90 minutos, inaugurase un ciclo de catro encontros virtuais con profesionais do sector para analizar o papel do deseño no escenario de futuro condicionado pola crise do coronavirus. Baixo o título “A era pos-COVID: redeseñar o mundo”, o ciclo contará con recoñecidos profesionais galegos que desenvolven a súa actividade en Galicia e fóra de Galicia. Este primeiro encontro, titulado “Deseño, empresa e sociedade: futuros posibles”, centrarase na reflexión e o debate sobre os retos e oportunidades que a actual situación abre na relación entre o deseño e a innovación empresarial.

Data fin do prazo de Inscrición