Axudas ás persoas traballadoras e ás empresas afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego
Dado o impacto que teñen os expedientes de regulación de emprego sobre o mercado laboral, a través do citado acordo, a Xunta de Galicia e os interlocutores sociais integrantes do diálogo social acordaron un programa que se desenvolverá tendo en conta distintas liñas de actuación, entre elas o apoio ás empresas e ao seu persoal naqueles períodos en que a actividade da empresa se reduza. Acordaron aprobar unhas bases reguladoras destas axudas, cun orzamento por parte da Xunta de Galicia de 6 millóns de euros distribuídos nos anos 2020 e 2021.
Poden ser beneficiarias empresas e persoas traballadoras afectadas por expedientes de regulación de emprego, que cumpran os requisitos que, para ambas, establece o artigo 3 das bases reguladoras.
A contía da axuda para persoas traballadoras será entre 12 e 15 euros por xornada completa efectiva de suspensión/redución de contratos, segundo o tramo de base de cotización por continxencias comúns a que pertenza a persoa traballadora.
No caso das axudas ás empresas afectadas polos ERTE para compensar os custos do plan de formación a axuda establécese entre 7,50 e 9 euros/hora.