Terceira convocatoria da Business Factory Aero (BFAero)
A Business Factory Aero (BFAero), a primeira aceleradora galega do sector aeronáutico e dos vehículos non tripulados, acada a súa terceira edición.
Para presentar esta nova convocatoria, o vindeiro 6 de xullo a partir das 11 h terá lugar un encontro dixital, no que se informará dos apoios que ofrece a aceleradora aos emprendedores e as pemes do sector, tanto para impulsar proxectos na fase de incubación como na de aceleración.
Data fin do prazo de Inscrición