Programa Cheque autónomo seguimos adiante
A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica as persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados na actual situación económica motivada pola pandemia do COVID-19.
Os textos que figuran a continuación son resumos non vinculantes da normativa publicada. Para aplicalos, debe consultarse a normativa completa, enlazada na esquerda da pantalla.
Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as personas físicas e xurídicas que cumpran os requisitos descritos no artigo 7 das bases reguladoras.
Para a concesión destas axudas destínanse dezaseis millóns de euros (16.000.000 €).
O procedemento de concesión das axudas e subvencións recollidas nesta orde é non competitivo e axustarase ao disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e pola finalidade da subvención non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento. A concesión das axudas realizarase pola comprobación da concorrencia na persoa ou entidade solicitante dos requisitos sinalados nesta orde ata o esgotamento do crédito.