• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Axudas para o sector editorial galego

Poderán ser beneficiarias aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a súa condición de editoras e teñan o seu domicilio social en Galicia, de acordo co establecido na presente orde.

As axudas van dirixidas a apoiar o sector editorial galego galego, no que se refire aos gastos derivados da edición (produción), distribución e comercialización das súas publicacións, nos idiomas cooficiais en Galicia ou noutros idiomas, editadas e/ou distribuídas entre o 1.9.2019 e o 31.10.2020.

O importe adxudicado a cada tipo de libros será o seguinte: – Obras de non ficción. Recibirán unha subvención de ata 4.000 €. – Obras de ficción, de poesía e de teatro. Recibirán unha subvención ata 3.000 €. – Obras de ficción e non ficción para público infantil e xuvenil. Recibirán unha subvención ata 5.000 €.

O importe da subvención concedida ás obras editadas en galego incrementarase nun 20 %.

A axuda concedida non pode superar en ningún caso o 70 % dos custos de edición, distribución e comercialización de cada libro.

Data fin do prazo de Inscrición