• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Axudas para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros e das asociacións de organizacións de produtores pesqueiros no ámbito autonómico galego.

Poderán ser beneficiarios das subvencións as organizacións de produtores pesqueiros e as asociacións de organizacións de produtores do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros e Asociacións de Organizacións de Produtores

A intensidade da axuda pública para os plans de produción e comercialización (PPEC) non será superior ao 90 % dos gastos elixibles e o 10 % restante será de achega privada.

Data fin do prazo de Inscrición