• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Axudas pola paralización temporal da actividade de marisqueo a pé

As axudas terán como finalidade a paralización temporal da actividade de marisqueo a pé do 16 de marzo ao 30 de xuño de 2020 (ambos incluídos) como consecuencia do brote do COVID-19.

Persoas beneficiarias: as persoas titulares de permisos de explotación para marisqueo a pé para recursos marisqueiros xerais ou específicos que levasen a cabo actividade extractiva (días de actividade) cando menos 120 días durante os anos 2018 e 2019.

O importe máximo da axuda concedida ás persoas mariscadoras a pé será unha cantidade que se calculará multiplicando o baremo aplicable por cada día de parada realizado no período de referencia. Os días de parada poderán ser continuos ou interrompidos. O baremo da axuda por día de parada será o 90 % do nivel de ingresos medios da actividade extractiva dos mariscadores a pé por colectivo (marisqueo xeral, percebe e poliquetos) entre o 16 de marzo e o 30 de xuño, durante os 3 anos civís anteriores

Data fin do prazo de Inscrición