CAPTACION INICIATIVAS E COLABORADORES DO MUNDO EMPRESARIAL PARA O PROXECTO SPIN UP
A Cámara de Comercio de Santiago e a Asociación Empresarial do Tambre, como socios do proxecto Spin Up “Definición e implementación de núcleos locais de transferencia para a promoción de SpinOffs Universitarias e StarUps innovadoras” buscan iniciativas e colaboradores do mundo empresarial para participar neste proxecto europeo que ten como obxectivo final estimular a creación de empresas a través da transferencia de tecnoloxía e coñecemento no Espazo de Cooperación, mediante o encontro entre o tecido produtivo e a oferta dos axentes xeradores de coñecemento.
Se tes unha iniciativa empresarial (patente, idea ou proxecto de negocio) que responda a algún destes catro eixos estratéxicos ponte en contacto connosco, axudarémosche a desenvolvela, dándoche apoio e asesoramento para a eventual creación da empresa ou posta no mercado da patente:
- Industria agroalimentaria
- Saúde e envellecemento activo
- Industria de transformación 4.0
- Industria creativa, TIC, Turismo
Ademais podes contactar conosco se tes unha necesidade tecnolóxica non cuberta na túa empresa ou identificaches un problema ao que non atopas solución no mercado. Tamén hai sitio para ti se queres participar achegando os teus coñecementos, habilidades e experiencia-
O proxecto pretende facilitar ou encontro das necesidades do tecido produtivo e a oferta de dous axentes xeradores de coñecemento en Galicia e Norte de Portugal. Priorizaranse as ideas de negocio e proxectos transfronteirizos. Poñerémoste en contacto con promotores para a realización do plan de negocio, titores para facer seguemento do proceso, mentores para asesoramento naqueles campos que sexa preciso, ofrécese tamén asesoramento en materia de propiedade intelectual e industrial así como a asistencia a foros de investimento para a procura de financiamento.
O proxecto SPIN UP enmárcase no Programa INTERREG V-A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020 no eixo prioritario 2 “crecemento integrador a través dunha cooperación transfronteiriza a favor da competitividade empresarial”.En concreto, axústase á prioridade de investimento 3A que persegue a “promoción do espírito empresarial, en particular facilitando o aproveitamento económico de novas ideas e impulsando a creación de novas empresas, tamén mediante viveiros de empresas”
Contacta connosco:
Cámara de Comercio de Santiago: proyectos@camaracompostela.com
Asociación Empresarial do Tambre: gerente@areaempresarialdotambre.com
Máis información do proxecto:
https://www.camaracompostela.com/gl/pag/532/proxecto- spin- up/
http://www.poligonotambre.com/es/programas-europeos/ spinup
https:// spinup- project.eu/