Axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización,innovación e dixitalización ( Programa RE-Acciona )
O programa queda configurado deste xeito como un programa de servizos a pemes que, a través das empresas prestadoras de servizos -seleccionadas mediante procedemento aberto de acordo coa Lei de contratos do sector público-, permítelle ás pemes executar proxectos de mellora en distintos ámbitos: desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización.
Información:
- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es
As pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial. En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia, e cumprir a definición de peme.
Non poderán ter a condición de beneficiarios:
a) Entidades ou empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007.
b) Entidades ou empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do artigo 2.18 do Regulamento UE nº 651/2014.
c) Entidades ou empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Para solicitar as axudas para a prestación dos seguintes servizos, tendo en conta as súas características, as pemes deben cumprir as seguintes condicións:
a) Para todos os servizos definidos no artigo 1, as solicitantes deberán contar cun número total de empregados ou socios traballadores non inferior a 3.
b) Para o Servizo de construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial, as pemes deben ter realizado previamente unha análise da empresa que achegue a información necesaria para o arranque do servizo, ou comprometerse a realizalo durante a primeira fase do mesmo. Así mesmo, deben contar cun equipo mínimo de 4 persoas no desenvolvemento da estratexia (que poderán ser empregados, socios ou outros colaboradores).
c) Para o Desenvolvemento de plans de acción e plan transversal, as pemes deben ter desenvolvido previamente un plan estratéxico que dese orixe aos plans de acción que se van desenvolver. Así mesmo, deben contar cun equipo mínimo de 4 persoas na execución de plans (que poderán ser empregados, socios ou outros colaboradores).
As condicións relativas ao número de empregados, socios traballadores ou membros do equipo declararase responsablemente no formulario electrónico de solicitude.
Referencia legislativaResolución do 18 de maio de 2020 (DOG Nº106 do 02/06/2020) - Bases reguladoras e convocatoria
Resolución do 18 de maio de 2020 (DOG Nº114 do 12/06/2020) - Corrección de erros
Resolución do 22 de setembro de 2020 (Nº202 do 06/10/2020) - Modificación da distribución dos servizos