• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Webinar:retos y oportunidades de la industria 4.0 en el sector alimentario

A Agrupación industrial Alimentaria de Galicia abre a participación ao grupo de traballo 2 (GT2) da Comisión de Innovación e I+D, ao redor da temática de “Novos modelos de produción e comercialización. Innovación en procesos e tecnoloxías. Dixitalización”

 Comisión de Innovación e I+D da Agrupación industrial Alimentaria de Galicia ( Clusaga) organiza o xoves, 12 de novembro, ás 9.30 horas o webinar «Retos e oportunidades da industria 4.0 no sector alimentario» co que dará comezo a constitución do seu segundo grupo de traballo.


Este grupo de traballo céntrase nas temáticas “novos modelos de produción e comercialización; innovación en procesos e tecnoloxías; e dixitalización” e ten como obxectivo actuar de foro de debate entre os distintos axentes do ecosistema de innovación e como un especio de networking e de xeración de ideas de colaboración e proxectos.

Xaquín Antón, director de proxectos de I+D+i de Cravo Food Factory e membro da Comisión de Innovación e I+D de Clusaga, encargarase do acto de apertura deste webinar no que se analizará a importancia da dixitalización para a agroalimentación da man de Cristina Magdalena, executive partner de Gartner.


Pola súa banda, M. Eugenia Mijares, responsable de relacións institucionais e desenvolvemento de DIHGIGAL, presentará a convocatoria de axudas do programa Conectahubs da Axencia Galega de Innovación ( Gain), e Javier A. Osuna, responsable de innovación tecnolóxica de Clusaga, explicará a segunda convocatoria de proxectos demostradores do proxecto europeo S3 FOOD, no que Clusaga participa.

Finalmente, Mónica Cascallar, directora de innovación de Congalsa, compartirá o caso de transformación dixital da súa entidade, e Roberto Alonso, xerente de Clusaga, abordará os próximos pasos do grupo de traballo dous da Comisión de Innovación e I+D de Clusaga.

 

Pode ver o programa do webinar neste enlace: https://cutt.ly/ygY8Nvj