BF FOOD pone en marcha la IIIedición de su programa de aceleración y consolidación
Business Factory Food ( BFFood), a aceleradora do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada pola Agrupación industrial Alimentaria de Galicia ( Clusaga), pon en marcha a súa terceira edición para identificar e promover ata un total de 16 proxectos innovadores de emprendemento, tanto nacionais como internacionais, que dean resposta aos retos da industria alimentaria.
As startups, entidades e empresas que teñan unha idea innovadora poden presentar as súas candidaturas, tanto ao programa de aceleración como de consolidación, a través da web bffood. gal ata o próximo 11 de xaneiro de 2021 ás 14 horas.
BFFood impulsou ao longo das súas dúas edicións a un total de 20 proxectos das 121 candidaturas recibidas, tanto desde España como desde fóra do continente europeo. Nesta nova edición escollerá ata dez iniciativas para o seu programa de aceleración, de 9 meses de duración, e ata seis para o de consolidación, de 12 meses de duración.
Os proxectos seleccionados na terceira edición de BFFood dispoñerán do apoio económico da Xunta de Galicia. En concreto, accederán a un financiamento por parte de Gain de 25.000€ a fondo perdido no programa de aceleración, para o desenvolvemento do produto ou servizo, e dun préstamo participativo, que podería conlevar unha opción de capitalización, de ata un máximo de 50.000€, a través de XesGalicia. No caso dos proxectos de consolidación, poderán acceder a un préstamo participativo que podería conlevar unha opción de capitalización de ata un máximo de 250.000€ por parte de XesGalicia.
Con motivo da situación xerada pola COVID-19, BFFood incorporou un reto especial co que busca proxectos dirixidos a fortalecer a resiliencia da industria alimentaria fronte a situacións de emerxencia derivadas de pandemias.