Infoday: II convocatoria S3FOOD
A Agrupación industrial Alimentaria de Galicia ( Clusaga) organiza o mércores 16 de decembro, de 10 a 11 horas, unha xornada en liña para dar a presentar as oportunidades de financiamento que ofrece a segunda convocatoria de axudas do proxecto europeo S3 FOOD.
Esta segunda convocatoria de axudas económicas, para proxectos de dixitalización no sector agroalimentario, contará cun valor total de 1.317.867,50€ repartidos en tres tipos de vouchers (cheques): de exploración, de validación e de aplicación. O prazo de solicitude estará aberto desde o 9 de decembro ata o 10 de marzo 2021 ás 17 horas CET. Este “ Infoday: II convocatoria S3 FOOD” contará, ademais, coa participación das empresas socias de Clusaga que resultaron seleccionadas na anterior edición destas axudas. Glaücor Enxeñería explicará a súa experiencia sendo partícipe da axuda evaluation voucher (cheque de avaliación) mentres que Larpro e TripleAlpha contarán a súa participación na axuda validation voucher (cheque de validación). O infoday ofrece a oportunidade de realizar reunións bilaterais, dun máximo 10 minutos, ao final da sesión co equipo de Clusaga para analizar posibles propostas á convocatoria. Para poder participar nun destes encontros, os interesados deben enviar un email a s3food@clusaga.org indicando no asunto “Solicitude de reunión” e presentando de maneira breve a idea do proxecto e os datos de contacto.