• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Bases concurso de escaparates 2020

O Departamento de Comercio do Concello de Santiago convoca o concurso de escaparates de Nadal 2020

O concurso de escaparates de Nadal ten como obxecto promover a creatividade dos comerciantes á hora de presentar os seus escaparates e produtos, fomentar a cultura da innovación e da calidade no sector comercial e contribuír á súa reactivación económica de cara á campaña de Nadal.

Poderán participar no concurso todos os comercios polo miúdo e negocios de servizos do municipio de Santiago que dispoñan de escaparate aberto ás rúas. No caso de que unha mesma persoa propietaria desexe participar con máis dun establecemento deberá presentar unha solicitude por cada un dos diferentes escaparates que opten aos premios.

O tema que deben desenvolver será o Nadal, con total liberdade en canto á súa interpretación, deseño, técnica e estilo. Na valoración dos escaparates terase en conta a integración dos produtos á venda; a composición do escaparate e a súa adaptación á temática de Nadal; a distribución dos elementos; a harmonía das gamas cromáticas, formas, texturas e materiais; a mensaxe ou idea que se transmite; a interacción co público; o emprego de técnicas sostibles, de materiais de refugallo ou de elementos naturais; a invisibilidade dos elementos auxiliares precisos para a súa construción e mais o grao estimado de traballo empregado na conformación do escaparate final.

O prazo de presentación a concurso ábrese coa publicación destas bases e remata o día 10 de decembro ás 15 h.