• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Bases da convocatoria extraordinaria de axudas para a rescate da restauración e hospedaxebdo Concello de Santiago afectados pola crise da COVID 19 anualidade 2020

O obxecto destas bases é regular a concesión de axudas dirixidas ao sector da restauración e hospedaxe definido conforme aos epígrafes do Anexo II, para o financiamento dos gastos correntes correspondentes á anualidade 2020.

A finalidade destas axudas é promover e reactivar a actividade local que permita manter a actividade económica, o emprego e a dimensión competitiva do sector da restauración e hospedaxe para que poida afrontar as consecuencias derivadas do impacto xerado pola crise producida pola COVID-19.

BOP Nº211 do 10/12/2020

Poderán resultar beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, ou sociedades civís, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

Que entre as súas actividades estea incluída algunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo II.

Que a persoa teña a súa sede de actividade no municipio de Santiago de Compostela.

Que na anualidade 2020, no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro, sufriran una baixada na facturación igual ou superior ao 20% respecto o mesmo período do ano 2019.

Os requisitos deben cumprirse no momento da publicación desta convocatoria no BOP.

O prazo xeral de presentación de solicitudes iníciase ao día seguinte da publicación desta convocatoria no boletín oficial da provincia da Coruña e rematará o 15 de decembro de 2020.

Aquelas solicitudes presentadas con anterioridade á apertura do prazo de presentación de solicitudes teranse por non presentadas, en atención á obrigatoriedade de termos e prazos establecida no artigo 29 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común.