• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

EXTRACTO da Resolución do 10 de decembro de 2020 pola que se aproban e se publican as bases reguladoras da II edición dos Premios de innovación en saúde 2020 no Sistema Público de Saúde de Galicia

Obxecto: Establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, a segunda edición dos Premios de innovación en saúde do Sistema Público de Saúde de Galicia, para premiar as ideas de innovación dos profesionais sanitarios no ámbito da Consellería de Sanidade e no seu sector público no ano 2020, así como as dos pacientes e as súas asociacións. Os premios pretenden potenciar as ideas innovadoras nas que os seus profesionais traballan, para mellorar a calidade de vida das persoas e a sustentabilidade do sistema sanitario público galego e tamén aquelas propostas achegadas por persoas físicas (pacientes, coidadores, etc), organizacións ou asociacións de pacientes sen ánimo de lucro.

  DOG Nº 257 do 23/12/2020

  Persoas beneficiarias.

1. Respecto á modalidade de idea de profesionais: persoal ao servizo do Sistema Público de Saúde de Galicia que desenvolvan unha idea innovadora no sistema sanitario galego. As persoas físicas que presenten unha idea poden representar a un equipo (máximo 4 persoas, incluído o representante).

2. Respecto á modalidade de idea de pacientes: poderán presentar a súa idea calquera persoa física (pacientes, coidadores, etc), organización ou asociación de pacientes sen ánimo de lucro. Tamén poderán presentarse varias persoas físicas, organizacións ou asociacións de pacientes representadas por unha delas (máximo 4, incluído o representante).

3. Non poden optar ao premio os membros do xurado ou persoas vinculadas a eles por parentesco de consanguinidade ou afinidade.

O prazo de presentación de candidaturas será de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.