• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da Resolución do 15 xaneiro 2021 pola que se convoca para ano 2021 a concesión de subvencións do programa de iniciación e consolidación da exportación ICEX Next

Obxecto:

  1. Constitúe o obxecto desta convocatoria a concesión de subvencións para
    iniciar e/ou consolidar o crecemento internacional de pequenas e medianas
    empresas españolas que conten cun proxecto competitivo e/ou facilitar a
    revisión da estratexia internacional a empresas afectadas por cambios nas
    condicións dos seus mercados habituais.
    2. O programa  ICEX  Next ten como finalidade introducir e consolidar a cultura
    exportadora na pequena e mediana empresa española para que esta pase a formar
    parte da súa estratexia empresarial. Para iso, ofrece á empresa
    asesoramento especializado a través de consultores expertos para o desenvolvemento
    da súa estratexia exterior e mellora da súa competitividade internacional e subvenciona
    determinados gastos que se deriven do deseño e implementación da estratexia
    internacional.

            BOE Nº 18 do 21/01/2021

Beneficiarios:

a) Ser pequena e mediana empresa segundo definición do Anexo 1 do
Regulamento UE nº 651/2014. Exclúense Asociacións e Fundacións

 b) Ter produto ou servizo propio que poida ser  comercializable
internacionalmente e contar con marca propia. En caso de empresas de servizos,
estes deberán prestarse no exterior.

 c) Non ser filial comercial ou produtiva de empresa estranxeira.

d) Contar cunha facturación superior a 100.000 euros, eliminándose este requisito
para as  startups de base tecnolóxica de recente creación que xa
conten con produto ou servizo comercializado, dadas as especiais
características do seu crecemento en canto á rapidez esixida de acceso ao
mercado.

e) As empresas poderán acceder ao programa independentemente da
porcentaxe que supoña a cifra de vendas internacionais sobre a facturación total,
dando o especial foco desta convocatoria nas empresas que consoliden ou
reorienten a súa posición exterior e na vontade de incluír a aquelas empresas que
polas características do seu modelo de negocio deben ser globais desde
o seu inicio

 f) Contar con medios persoais e materiais mínimos para abordar o seu
crecemento internacional, en particular contar cunha persoa responsable do
proxecto internacional e unha web propia

g) Non participar en programas de Iniciación de  ICEX, isto é, os
programas  PIPE ou  ICEX  Next.

Teniendo en cuenta a conxuntura actual relacionada co Brexit, as empresas
que participasen nestes programas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2015
cuxa cifra de vendas en Reino Unido sexa superior a 300.000 euros e/ou, a
porcentaxe das súas vendas en Reino Unido sobre o total das súas vendas internacionais sexa superior ao 30% poderán ser beneficiarias do programa.

 h) Non ter falta de pagamentos con  ICEX.

i) Cumprir os requisitos esixidos no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

 Prazo de presentación de solicitudes :

Dentro desta convocatoria realizaranse catro procedementos de selección
sucesivos segundo o seguinte calendario de períodos de presentación de solicitudes:

a) Procedemento 1: do 1 ao 28 de febreiro de 2021.

 b) Procedemento 2: do 1 ao 31 de maio de 2021.

 c) Procedemento 3: do 1 ao 30 de setembro de 2021.

d) Procedemento 4: do 1 ao 31 de decembro de 2021.