• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da R. do 29/12/2020 aprobar bases reguladoras das axudas para contratación de xestores de internacianalización cofinanciadas polo FSE , réxime concorrencia non competitiva , convocatorias anos 2021 e 2022

Obxecto : As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización e a incorporación ou reinserción ao mercado laboral de profesionais no ámbito do comercio exterior –priorizando os mozos sen ou con pouca experiencia e os sénior experimentados maiores de 45 anos en situación de desemprego–, ao mesmo tempo que se apoia ás pemes galegas no seu proceso de internacionalización, poñendo á disposición das pemes e dos organismos empresariais información sobre profesionais con formación especializada e unha subvención a fondo perdido para a súa contratación.

        

                       ( DOG Nº 18 do 28/01/2021 )

 

 Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas e organismos empresariais que cumpran os seguintes requisitos:

1. Empresas, que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014, da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, e que teñan como proxecto iniciar ou consolidar o seu proceso de internacionalización.

2. Asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica, clústers empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro), que representen un colectivo de empresas galegas, e os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2016 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE núm. 20, do 23 de xaneiro de 2009). Todos deben ter o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.

Enténdese por clúster empresarial para os efectos destas bases as agrupacións empresariais innovadoras que colaboren e desenvolvan plans de internacionalización en cooperación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan creada unha entidade con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que xestione a agrupación clúster.

As empresas terán que dispor do Informe de Alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización realizado a través de Programas de Igape a partir de 2013. De non dispor do citado Informe de Alta, debe solicitalo a través da oficina virtual do Igape (procedemento IG192) dentro do prazo de presentación de solicitudes.

3. Os solicitantes terán o seu centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Os solicitantes acreditarán ter un proxecto de internacionalización para o que se require contratar profesionais en comercio exterior.

5. Os solicitantes deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social, e non ser consideradas empresas en crise a 31 de decembro de 2019. Para os efectos de empresa en crise, convén ter en conta a definición de empresa en crise que para as pemes aparece no número 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014, da Comisión. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiario da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

Importe:

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e polos seguintes importes con cargo aos seguintes exercicios:

Aplicación orzamentaria 06.A1.741A.4705: 800.000 € con cargo ao ano 2021 e 700.000 € para o ano 2022.

Aplicación orzamentaria 06.A1.741A.4814: 275.000 € con cargo ao ano 2021 e 225.000 € para o ano 2022.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte á publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de maio de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index)