• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Asembleas e reunións

Espazocoop a través da REDEEUSUMO organiza dita actividade formativa

Datas: do 23 de febreiro ao 23 de marzo de 2021

Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop. Celebraranse tres sesións virtuais de aprendizaxe os días 23 de febreiro, 9 e 23 de marzo de 17:00 a 19:00 h

Duración: 40 horas

Destinatarios: persoas que traballan ou colaboran con entidades de economía social e solidaria (cooperativas, sociedades laborais, confrarías, Centros Especiais de Emprego, Empresas de inserción, Asociacións, Fundacións etc.) e público en xeral interesado.

Obxectivos:

  • Mellorar o funcionamento de equipos de traballo
  • Mellorar as competencias para a participación nas entidades de economía social
  • Ofrecer unha guía práctica para desenvolver reunións eficaces, participativas e cun bo clima grupal
  • Provocar a reflexión sobre os distintos aspectos que cómpre coidar para lograr reunións redondas: con resultados positivos e concretos, participativas e nun clima cordial.
  • Presentar metodoloxías e técnicas que contribúen a mellorar as nosas asembleas e reunións
  • Mellorar as habilidades persoais para traballar en equipo

Módulos formativo:

  • Módulo 1: Introdución e presentación do curso
  • Módulo 2: A preparación das reunións. Elementos previos.
  • Módulo 3: O papel da persoa moderadora
  • Módulo 4:  Abordamos os temas na reunión
  • Módulo 5: Pechamos acordos ou conclusións
  • Módulo 6:  Recursos útiles para a práctica das asembleas e reunións 

- Máis información en patane@espazo.coop / 881 887 456