• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da R. do 15/01/2021 pola que se establecen bases axudas actuación mellora paisaxistica e de establecementos de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago ano 2021.

 Obxecto e réxime.-

 

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora paisaxística, a procura da harmonía, a orde e respecto, e a coherencia do Camiño de Santiago e a súa paisaxe cos valores culturais ligados ás sociedades que ao longo do tempo construíron este espazo (código do procedemento TU501D).

As actuación deberán realizarse sobre bens físicos situados no ámbito de protección dos camiños de Santiago, e no campo visual do seu recorrido. Exclúense de esta orde os núcleos urbanos consolidados.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

    DOG Nº 23 do 04/02/2021

 

  Beneficiarios/as.-

 

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases:

Categoría 1ª:

a) Os concellos de Galicia polos que discorra algún tramo físico terrestre do Camiño de Santiago.

b) Tamén poderán solicitar as axudas reguladas por estas bases calquera outra entidade local supramunicipal galega (deputación, mancomunidade ...) en relación a actuacións que se van realizar no Camiño de Santiago, sempre que se teñan competencias para a actuación proposta.

Categoría 2ª:

a) As persoas físicas ou xurídicas titulares dun dereito real sobre un ben moble ou inmoble, recurso ou elemento situados en calquera dos tramos físicos dalgunha das rutas do Camiño de Santiago. Así mesmo, poderán ser beneficiarios os arrendatarios dos citados bens, así como aqueles que posúan calquera título válido en dereito que autorice a realización da actuación solicitada.

b) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal, en relación cos inmobles situados en calquera dos tramos físicos dalgunha das rutas no Camiño de Santiago.

c) As asociacións de veciños, comunidades de montes veciñais en man común, comunidades de bens, e calquera outra institución ou asociación que teña título habilitante suficiente para actuar sobre o recurso ou elemento sobre o que se propón a actuación situado en calquera dos tramos físicos dalgunha das rutas do Camiño de Santiago.

Prazo de presentación de solicitudes.-

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

  "  Concorrencia non competitiva "