Extracto da R.do 21 de xaneiro 2021 pola que se aproban bases para á concesión de subvencións , para a extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados
Finalidade:
Concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de cobertura de telefonía móbil 2G/3G/4G que permitan a comunicación de voz a través de terminais de usuario estándar (teléfonos móbiles), para dotar de cobertura a totalidade ou partes claramente delimitadas das entidades singulares de poboación (ESP) obxectivo.
As subvencións reguladas nas presentes bases ampáranse no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, e modificado mediante Decisión de execución da Comisión C (2020) 8432 final, do 25 de novembro de 2020, a cal prevé actuacións de creación, mellora e despregamento de infraestruturas para mellorar as comunicacións de voz en mobilidade dentro da medida 7 de apoio aos servizos básicos e renovación da poboación rural, na submedida 7.4. de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locales. O Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 está cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e ao 17,50 % pola Xunta de Galicia.
Concorrencia competitiva
DOG Nº 26 do 09/02/2021
Beneficiarias:
As persoas que teñan a condición de operador, conforme o establecido nos artigos 6 e 7 da Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións, con licenza para operar redes de telefonía móbil e dispoñibilidade de frecuencias para a súa operación nas zonas obxectivo (titulares dos ditos dereitos de uso, ou ben dispor doutros dereitos de uso obtidos mediante os mecanismos de mercado secundario establecidos no titulo VI do Regulamento sobre o uso do dominio público radioeléctrico, aprobado polo Real decreto 123/2017, do 24 de febreiro).
Así mesmo, poderán obter a condición de beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas nas cales polo menos un dos integrantes posúa a condición de operador segundo se establece no punto anterior.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index)
Prazo de presentación de solicitudes:
Un (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.