• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

“Solucións dixitais a retos sostibles”

As tecnoloxías da industria 4.0 e outras solución dixitais expoñen novos camiños para resolver os grandes retos da sustentabilidade. Un percorrido a través de casos de referencia e mellores prácticas para unha economía  climáticamente neutra, circular e  resiliente.

O obxectivo é informar as empresas sobre como os cambios globais que están a acontecer poden afectar os seus modelos de negocio e como acertar na elección de accións no contexto actual, facendo especial fincapé nos catro piares dunha empresa: os empregados, os clientes, a imaxe e a competencia.

A oitava sesión do ciclo de  Webinars  RSE, “Solucións dixitais a retos sostibles”, terá lugar o mércores 24 de febreiro, de 16:30 h a 18:30 h.

O webinar terá unha orientación práctica, mostrando casos de éxito reais e adaptándose ás necesidades e intereses concretos dos participantes. Fomentarase a participación e o debate mediante a creación dun foro que recolla as consultas dos participantes. Este foro tamén permitirá identificar oportunidades de colaboración entre os rexistrados, así como o desenvolvemento da capacidade de resolución de problemas dos participantes.

 

Organizador RSE Innolab Teléfono: +34 664 607 330 Email: rseinnolab-g@gemcat.eu