• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Obradoiro: Formación para cadros directivos de cooperativas

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa:

FORMACIÓN PARA CADROS DIRECTIVOS DE COOPERATIVAS
 

Datas: do 2 ao 20 de marzo de 2021

Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop. Celebraranse dúas sesións virtuais de aprendizaxe os días 3 e 18 de marzo de 11:00 a 12:30 h

Duración: 20 horas

Destinatarios: Persoas socias e asalariadas de cadros directivos de cooperativas ou que estan interesadas en desenvolver as súas capacidades para desempeñar estas funcións. 

Obxectivos: 

- Desenvolver unha axeitada función directiva. Amosar dende a práctica as condicións necesarias para a xestión cooperativa.
- Poñer en valor as achegas sociais e económicas das cooperativas .
- Coñecer recursos e ferramentas útiles.
- Crear redes de intercambio e colaboración entre as persoas socias con responsabilidades directivas e xerenciais. 

Programa:

  • Economía social, unha forma propia de facer empresa
  • As habilidades sociais para a cooperación
  • A área comercial e de mercado e área económico-financeira
  • A planificación estratéxica e ferramentas para o plan de mellora

  - Máis información en patane@espazo.coop / 881 887 456 ou www.espazo.coop