• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Almorzos cooperativos virtuais : cooperativas de ensino ante a LOMLOE

EspazoCoop a través da Rede Eusumo organiza o mencionado almorzo virtual:

Data: 27 de maio

Horario: de 18:00 a 20:00 horas

Modalidade: en liña

Destinatarios: Socias de EspazoCoop, de forma preferente, representantes da súa Sectorial de Ensino e tamén cooperativas da Unión con intereses vencellados ao sector do ensino, a formación e a educación do tempo libre e de lecer.

Obxectivos:

  • Dar a coñecer e por en valor ante á comunidade do cooperativismo os traballos desenvolvidos dende a U.E.Co.E e as súas entidades asociadas no proceso de elaboración, debate e aprobación da LOMLOE.
  • Destacar o posicionamento do cooperativismo de ensino, tanto a nivel nacional como autonómico, sobre a educación e a súa concepción como servizo público, universal, fundamentado nos principios de equidade, mellora continua e participación da comunidade educativa en todo o proceso de aprendizaxe.
  • Trasladar ante a administración educativa con competencias, a capacidade do cooperativismo de ensino para actuar como axente proveedor de suxestións de mellora no desenvolvemento normativo, con capacidade de ser interlocutor de referencia á hora de desenvolver ferramentas específicas como a aprendizaxe cooperativa, os principios e valores propios da fórmula e tamén a singularidade dos nosos centros fronte ao resto de modelos de ensino públicos e privados.
  • Recoller e por en valor as achegas que se fagan dende o sector de cara a acadar unha visibilización do feito diferencial de ser cooperativa, en todo o proceso normativo que está pendente de ser aprobado, tanto a nivel nacional como autonómico, e que permitan apostar por contidos e metodoloxías que reflictan o sentir da nosa comunidade, así como a formación do alumnado en valores de respecto aos dereitos humanos, exercicio activo da cidadania e o pluralismo dunha sociedade plenamente democrática.

 

Programa:

18:00 h - Benvida ás persoas e entidades
18:15 h - Exposición sobre o proceso de tramitación da LOMLOE e as achegas realizadas durante o mesmo dende o eido do cooperativismo de ensino. Javier Martínez Cuaresma, Presidente da Unión Española de Cooperativas de Enseñanza (U.E.Co.E)
19:15 h - Debate sobre o recoñecemento da singularidade do cooperativismo de ensino na nova lei.
19:45 h - Conclusións.
20:00 h - Peche da Xornada.

Inscricións: a través do seguinte formulario.

Para máis información: roberto@espazo.coop / 986 866 149