Programa NEOTEC
Axudas do Programa NEOTEC.-
O Programa NEOTEC ten como obxectivo o apoio á creación e consolidación de empresas de base tecnolóxica.
Unha empresa de base tecnolóxica (EBT) é unha compañía cuxa actividade se centra na explotación de produtos ou servizos que requiran o uso de tecnoloxías ou coñecementos desenvolvidos a partir da actividade investigadora. As EBT basean a súa estratexia de negocio ou actividade no dominio intensivo do coñecemento científico e técnico.
O aspecto máis relevante nas propostas apoiadas nesta liña ha de ser unha estratexia de negocio baseada no desenvolvemento de tecnoloxía (a tecnoloxía debe ser o factor competitivo de diferenciación da empresa), baseándose na creación de liñas de I D i propias.
Non se adecúan as empresas cuxo modelo de negocio se base, primordialmente, en servizos a terceiros, sen desenvolvemento de tecnoloxía propia.
Beneficiarios: Pequenas empresas innovadoras.
Tipo de convocatoria :
Concorrencia competitiva con prazos de presentación.
Prazo de presentación:
Do 17 de maio ata o 8 de xullo de 2021, ás 12.00 horas do mediodía, hora peninsular.
Características da axuda :
Subvencións ata o 70% do orzamento da actuación, cun importe máximo de subvención de 250.000 euros por beneficiario.
As actuacións que inclúan a contratación laboral de polo menos un doutor, nos termos previstos no Anexo II da convocatoria, poderanse financiar ata o 85% do orzamento elegible da actuación, cun importe máximo de subvención de 325.000 euros por beneficiario.
Características do proxecto :
Orzamento mínimo financiable: 175.000 euros.
Proxectos de 1 ou 2 anos de duración. Deberán iniciarse a partir do 1 de xaneiro de 2022, e poderán finalizar o 31 de decembro de 2022, no caso dun ano de duración, ou ben o 31 de decembro de 2023, si o proxecto ten unha duración de dous anos.
Financiamento da convocatoria :
Mecanismo de Recuperación e Resiliencia
Fondos "Next Generation EU"
Os beneficiarios haberán de asumir todas as obrigacións derivadas do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello do 12 de febreiro de 2021 polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, e das demais normas comunitarias ou nacionais aplicables a este financiamento.
Xestión Telemática de Propostas e Proxectos :
As empresas que queiran presentar unha proposta ao CDTI para solicitar axuda financeira, deberán facelo a través da Sede electrónica do CDTI, onde se permitirá ao solicitante tramitar a documentación por vía telemática e consultar, unha vez presentada, a situación na que se atopa o proxecto.
Para acceder á aplicación de Xestión de Axudas – Área Privada da Sede electrónica é necesario introducir o NIF da empresa e o contrasinal facilitado por CDTI. Si a empresa aínda non foi rexistrada na aplicación deberá introducir os seus datos na páxina de rexistro e posteriormente recibirá un mail co contrasinal.