• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Contabilidade cooperativa.Nivel pro

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a mencionada actividade formativa

Datas: do 11 ao 28 de xuño de 2021

Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop. Celebraranse catro sesións virtuais de aprendizaxe os días 11, 17, 24 e 28 de xuño de 11:00 a 12:30 h.

Duración: 20 horas

Destinatarios: Persoas interesadas no emprendemento cooperativo, socias/os e persoal de cooperativas e outros profesionais e persoal técnico.

Obxectivos:

• Entender que é e para que serve a contabilidade nun proxecto cooperativo.
• Coñecer o proceso contable e a súa relación co resto de ámbitos da empresa cooperativa para a toma de decisións.
• Capacitar as persoas socias e asalariadas das cooperativas no emprego das ferramentas contables.
• Interpretar os principais estados financeiros e coñecer ferramentas e recursos de apoio na xestión contable.

Programa formativo:

Tema 1. A estrutura xeral contable
Tema 2. O tratamento dos fondos propios e específicos nas cooperativas de traballo.
Tema 3. A conta de perdas e gaños e a distribución de resultados.
Tema 4. Fiscalidade cooperativa.

Inscricións:

- A través do seguinte formulario

- Máis información: patane@espazo.coop / 881 887 456