Formación:Lánzate a emprender en cooperativa
Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a mencionada actividade formativa
Datas: do 15 de xuño ao 14 de xullo de 2021
Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop. Celebraranse tres sesións virtuais de aprendizaxe os días 16 de xuño e 14 de xullo de 11:00 a 12:30 h e o 30 de xuño de 15:00 a 16:30 h.
Duración: 40 horas
Destinatarios: Persoas que queren coñecer a oportunidade que o cooperativismo lles brinda como forma de acceder ao mercado de traballo a través do autemprego; persoas que buscan outra forma de traballar; alumnado de obradoiros de emprego, escolas obradoiros e últimos ciclos formativos na búsqueda de posibilidades laborais. Persoas interesadas en coñecer mais polo miúdo a fórmula cooperativa.
Obxectivos:
- Achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial ás persoas desempregadas que queren coñecer a fórmula do autoemprego cooperativo.
- Mostrar desde un punto de vista práctico e achegado á realidade das persoas participantes, as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
- Contribuír a que estas persoas coñezan e valoren as cooperativas e as súas achegas sociais e económicas.
- Coñecer a experiencia real dunha cooperativa en funcionamento.
Módulos formativo:
1. Presentación
1.1 Coñece ás cooperativas:
1.2 Coñece a Economía Social
1.3 O Emprendemento
2. Como se traballa nunha cooperativa. Condicións básicas.
2.1 Que é unha cooperativa
2.2 Diferencias das cooperativas con outros modelos empresariais
3. Organización cooperativa
3.1 Organigrama Cooperativo
3.2 Asembleas e reunións
3.3 Organización Societaria e do traballo
3.4 Documentación social e contable
4. Experiencia cooperativa.
4.1 Pasos constitución
4.2 Recursos financeiros
4.3 Experiencias motivadoras cooperativas. Diálogo con cooperativistas.
Inscricións:
- Gratuíta
- A través do formulario de inscrición
- Para máis información: patane@espazo.coop / 881 887 456