Resolución do 18/05/2021 aprobar bases dos obraoiros a axudas á dixitalización Industria 4.0 ano 2021 financidas no marco REACT-UE
O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (en diante, Igape), na súa xuntanza do día 3 de maio de 2021, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras dos obradoiros e das axudas do Igape á dixitalización Industria 4.0 susceptibles de seren financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e facultou o director xeral para a súa convocatoria, aprobación dos créditos e publicación no Diario Oficial de Galicia.
DOG Nº 101 do 01/06/2021
*Publicar as bases reguladoras dos obradoiros e das axudas do Igape á dixitalización Industria 4.0 susceptibles de ser financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 e convocalas para o ano 2021 en réxime de concorrencia competitiva (procedemento IG300C).
O financiamento dos obradoiros farase con cargo a fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.
As axudas ás pemes do título II das bases reguladoras anexas á presente convocatoria son susceptibles de ser financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.
Os indicadores correspondentes a estas axudas son os seguintes:
– Indicador de produtividade CO01–Número de empresas que reciben axudas.
– Indicador de produtividade CO02-Número de empresas que reciben subvencións.
– Indicador de produtividade CO05--Número de novas empresas beneficiarias da axuda.
Indicadores de resultado:
– Empresas (de 10 ou máis empregados) que venderon a través da internet no último ano.
– Empresas (de menos de 10 empregados) que venderon a través da internet no último ano.
* O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
*Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento
O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será de tres meses desde a publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, transcorrido o cal se poderá entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda. En todo caso, a data límite de resolución é o 31.12.2021.
O prazo de execución dos obradoiros (IG239) non poderá superar o 15 de setembro de 2022.
O prazo de execución dos proxectos de dixitalización das empresas (IG240) non poderá superar o 15 de novembro de 2022.
Os beneficiarios das axudas deberán presentar a solicitude de cobramento como máis tarde o 15 de novembro de 2021 para os proxectos cuxo prazo máximo de execución sexa o 15 de novembro de 2021 ou anterior, e como máis tarde o 15 de novembro de 2022 no resto dos proxectos.
O prazo para solicitar anticipos será ata o 15 de novembro de 2021 para gastos da anualidade 2021, e ata o 15 de xuño de 2022 para gastos da anualidade 2022.