Taller de Realidade Aumentada con Unity e Google Cardboard
Cando falamos de Realidade Virtual véñennos á mente complexos e custosos equipos como lentes ou sistemas de posicionamento que teremos que adquirir para gozala. Neste taller aprenderemos que cunhas simples lentes de tarxeta ideadas por Google e o noso smartphone, poderemos gozar de nosas propias simulacións de Realidade Virtual cun investimento mínimo.
Comezaremos a instalar e configurar a librería de Google Cardboard para Unity e explicaremos as características desta librería e as súas peculiaridades.
Posteriormente veremos como interactuar coa simulación usando soamente nosa vista. Veremos como instalar no noso dispositivo Android a aplicación Google Cardboard e a facer a configuración para o noso visor.
Por último xeraremos a aplicación para visualizala en calquera dispositivo Android.
Data: 14 de xuño
Horario: 10 h – 13 h
Modalidade: en liña
Nº prazas: 15
Prazo de inscrición: ata o 10 de xuño Requisitos Previos: necesario estar familiarizado con Unity. Os exemplos xeraranse para disposivos Android
Máis información e inscricións:
Teléfono: 981 337 133
E-mail: infocistd.gain@xunta.gal