Xornada en liña: como presentar un proxecto de éxito ao novo acelerador do EIC?
O próximo día 1 de xullo terá lugar a Xornada “Como presentar un proxecto de éxito ao novo Acelerador do EIC?”, organizada pola GAIN en colaboración co resto de socios do consorcio Galactea-Plus da Enterprise Europe Network e co CDTI.
Este programa, substituto en certa medida do SME Instrument co que tivemos tan bos resultados en España, presenta diferenzas importantes que é preciso coñecer ben e que explicarán con detalle os nosos puntos nacionais de contacto.
As empresas que queiran validar unha idea ou que xa teñan un borrador de proxecto poderán solicitar unha entrevista bilateral, antes do 25 de xuño. A documentación que necesitarán será ou ben o borrador da proposta ou ben terán que realizar un pitch que inclúa o orzamento e a explicación da idea.
Data límite para a inscrición: 30 de xuño de 2021
Data límite para solicitude de entrevistas: 25 de xuño de 2021