• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Foro Ignicia: A transferencia de coñecemento en Galicia

Axencia  Galega de Innovación ( Gain) e a Fundación Barrié celebran o próximo 16 de xullo o Foro  Ignicia: A transferencia de coñecemento en Galicia, un evento de carácter mixto presencial-virtual, con retransmisión en  streaming.

O obxectivo deste foro é compartir coñecemento sobre a situación da transferencia de resultados de investigación en Galicia en relación co contexto español e europeo, así como abrir un marco de reflexión e de actuación a cara ao futuro.

Durante o encontro serán presentados dous estudos promovidos por  Gain e a Fundación Barrié:

A transferencia de resultados de investigación no Sistema Galego de I+D. Informe 2011-2018.
Análise organizativa e funcional das unidades de transferencia do Sistema Galego de I+D*.

As claves do escenario retratado mediante estes dous informes serán o marco para a reflexión e a presentación de conclusións a cargo de Fernando Galindo-Rueda, economista sénior da Dirección de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), e Rogelio Conde-Pumpido, coordinador do estudo A transferencia de resultados de investigación no Sistema Galego de I+D. Informe 2011-2018.

A continuación, a directora de  Gain, Patricia  Argerey, presentará as claves do Programa  Ignicia-Transferencia de Coñecemento, unha visión xeral que se completará coa experiencia dos promotores de dous  spin- off apoiadas polo fondo de proba de concepto asociado ao programa – ALICE  BiometricsCeltarys – e coa análise sobre a interacción empresa-universidade #ante os novos retos socioeconómicos a cargo de Antonio Abril, presidente da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas.

Finalmente, Fernando  Conesa, xefe do Servizo de Promoción e Apoio á Investigación, Innovación e Transferencia na Universidade Politécnica de Valencia, expoñerá a súa visión sobre o desenvolvemento profesional de xestores/ as e investigadores/ as.

    Eventos recientes

Foro Ignicia: la transferencia de conocimiento en Galicia

16 de julio

Webinar ayudas DeseñaPeme 2021

14 de julio

El Gemelo Digital: conceptualización, presente y futuro

13 de julio

Jornada en línea: ¿cómo presentar un proyecto de éxito al nuevo acelerador del EIC?

1 de julio

Instrumentos de apoyo a la I+D+i empresarial de CDTI y de GAIN

1 de julio

  Palabras descoñecidas
  • Copiar