PROXECTO FF4 EuroHPC
O 27 de xullo ás 12:00 h terá lugar un webinar da man do CESGA para dar a coñecer a convocatoria aberta do proxecto FF4 EuroHPC, que ten por obxectivo fomentar o acceso a tecnoloxías relacionadas coa computación de altas prestacións ( HPC) en pemes. Actualmente está aberta a segunda convocatoria ( open call) para experimentos de computación avanzada que será obxecto da presente xornada.
FF4 EuroHPC quere mostrar ás pemes europeas formas de optimizar o seu rendemento co uso de servizos avanzados de HPC en tarefas como o modelado e simulación, análise de datos, aprendizaxe automática, intelixencia artificial e a combinación dos mesmos, e aplicar estas solucións innovadoras en beneficio empresarial.
O obxectivo das convocatorias abertas é xerar experimentos de aplicación en diversos sectores industriais e pretenden financiar experimentos da máis alta calidade, que involucren a pemes innovadoras e áxiles con plans de traballo construídos ao redor de obxectivos de innovación, derivados do uso de servizos avanzados de HPC.
Axenda da xornada:
12:00 h - Benvida Agrupación industrial TIC Galicia
12:05 h - Supercomputación e empresa: CESGA e EuroCC - Laura Martínez | CESGA
12:15 h - Oportunidades de financiamento para Pemes en HPC. FF4 EUROHPC - Adela Penas Franqueira | CESGA
12:35 h - Rolda de preguntas
A asistencia é gratuíta, tan só requírese comunicación da intención de asistir (info@clusterticgalicia.com) para enviarvos a ligazón de acceso á sala virtual