• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

XIV Edición da Feira das Industrias Culturais CULTUGAL baixo o lema " A cultura que toca "

O lema deste ano ten un amplo significado, por unha banda, o relativo a fomentar o contacto entre a acción cultural ao vivo e o público, entre as empresas e axentes culturais, coa previsión de que este Culturgal sexa o do reencontro, o da recuperación, o do contacto directo coa cultura. E tamén porque é necesaria para superar a crise, para fomentar o diálogo, o respecto e a diversidade, establecendo a cultura como o laboratorio dun futuro mellor, cultura como punto de encontro”

Celebraráse do 26 ao 28 de novembro de 2021 no Pazo da Cultura de Pontevedra. O venres 26 de novembro será unha xornada orientada aos profesionais do sector e os días 27 e 28 abrirase ao público en xeral.
Este ano, a dixitalización toma impulso tras unha pasada edición en streaming que serviu de aprendizaxe para a organización, poñendo en marcha a Culturgal TV, unha canle que a xeito de magazine funcionará como “unha tele cultural de fin de semana”. 

Todas aquelas entidades interesadas en presentar os seus espectáculos, produtos ou servizos están convidadas a facelo a través da web cultur.gal.Tendo prioridade aquelas procedentes de empresas asociadas a Culturgal, é dicir, ás pertencentes a Escena Galega, Agapi, Asociación Galega de Editoras, Eganet e Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), que tamén gozarán de desconto na reserva de stands.
A reserva de espazo feiral está aberta para empresas, entidades e artistas, asi como a convocatoria para participar na programación ata o 15 de setembro.
Para a reserva e contratación do stand, podes poñerte en contacto a través de stands@culturgal.com