Xornada:Contratación pública responsable.Contratos reservados a CEE e EIL
Aeiga, a través da Rede Eusumo, organiza a mencionada actividade
Obxectivos:
- Analizar o escenario normativo de cláusulas sociais e contratación trala aprobación da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público
- Facilitar o acceso á adxudicación de contratos públicos ás entidades da economía social
- Ofrecer ao persoal técnico as ferramentas e mellores prácticas para elaborar os pregos de contratación con cláusulas sociais e reservas de contratos.
- Trasladar experiencia práctica.
Data: 29 de xullo
Horario: de 10:00 a 12:00 horas
Lugar: no Salón de actos nº 2 da Conselleria de Presidencia, Xustiza e Turismo (Complexo administrativo de San Caetano s/n – Santiago de Compostela)
Destinatarios: Persoal técnico de entidades sociais, entidades de economía social e representantes políticos e cargos públicos de dirección
Programa formativo:
- Contratos reservados a EIL
- Breve introdución aos procedementos de contratación mais frecuentemente utilizados.
- Como darse de alta no Rexistro Xeral de contratistas da Xunta de Galicia
- Como buscar licitacións as que presentarse: A plataforma de Contratos públicos de Galicia (CPG)
- Como presentar unha oferta: o Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).
- Como presentar unha factura: O Sistema electrónico de facturación da Xunta de Galicia (SEF).
Intervencións:
- Elena Barba Pan. Secretaria da Xunta Consultiva de contratación administrativa da C.A. de Galicia
- Manuel Rodríguez Salgado. Analista-programador do Departamento de sistemas de contratación da AMTEGA
- Manuel Otero Vieites. Analista-programador do Departamento de sistemas de contratación da AMTEGA
Inscricións:
- A través do seguinte formulario ou por correo electrónico aeigagalicia@aeiga.org
Para máis información: www.aeiga.org / 881 957 452 / 698 120 455