• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SALIMAT 2021

A Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social convida a todas as empresas de economía social os días 3, 4 e 5 de setembro á 24º edición do Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat 2021, en Silleda.

O salón ofrece a oportunidade de:

  • Presentar produtos nunha singular exposición e testar novidades
  • Contactar cun importante número de distribuidores e importadores
  • Atoparse con socios e clientes, tanto actuais como potenciais
  • Reforzar imaxe e notoriedade, tamén formando parte do programa de actividades

 

As entidades que queiran participar deben cubrir este documento e remitilo ao enderezo electrónico salimat@feiragalicia.com, xunto co xustificante do abono do pago correspondente á prereserva.

A esta cita tamén poderá acudir o público en xeral, aínda que a apertura ao público será tan só na fin de semana.
 
Para máis información: http://www.salimat.es/